(28.01.2019) Axudas para a Promoción do emprego autónomo; Axudas autónomos contratación indefinida de persoas asalariadas....
Difundimos Axudas Consellería de Economía, Emprego e Industria (Promoción do emprego autónomo; Axudas autónomos contratación indefinida de persoas asalariadas, fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación...
Achegamos información relativa ás subvencións e axudas de diferentes coberturas que publicou a Xunta de Galicia no DOG e están en vigor na actualidade.
(22.01.2019) Despregamentos de redes ultrarrápidas de acceso a Internet
No núcleo poboacional de LOBIOS están en curso as actuacións que permitirán o acceso redes ultrarrápidas de acceso a Internet que a Xunta de Galicia, co Plan de Banda Larga 2020, e a Administración Xeral do Estado, co Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración, están a promover de xeito complementario.
(17.01.2019) Recuperación dos lavadoiros de Lobios
O Concello de Lobios no seu ánimo de recuperar os bens de valor etnográfico e cultural do noso patrimonio, ven de rematar as obras de rehabilitación das fontes e lavadoiros das localidades de Barreal e Quintás, que volverán ao seu esplendor doutras épocas, onde eran concorridos puntos de encontro.
(14.01.2019) Lobios cede os terreos para a futura residencia xeriátrica
Lobios avanza no proceso da creación da nova residencia xeriátrica na capitalidade do concello.
Os terreos onde se construirá, de propiedade municipal, están en trámite de cesión á Fundación San Rosendo, quen investirá máis de 2.5 millóns de euros neste centro
(12.12.2018) Encontro da conselleira de Medio Rural cos alcaldes do Xurés
A Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, reuniuse cos alcaldes dos concellos do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Estes transmitíronlle as inquedanzas sobre o desenvolvemento do Plan de Xestión do Xurés.
Ángeles Vázquez, puido confirmar que a pasarela de 18 mts. que irá sobre o río Vilameá (Lobios), xa está construída, e que se instalará en canto a metereoloxía o permita. Esta instalación que ven sendo moi demandada pola nosa alcaldesa, permitirá, sen dúbida, incrementar o número de visitantes ao noso concello
DESTINO XURÉS, é un proxecto común dos concellos de Lobios, Lobeira, Muíños e Bande, no que conflúen, a riqueza do patrimonio cultural e natural da nosa contorna, coas novas tecnoloxías.
Co fin de promover o coñecemento do noso patrimonio, crease unha aplicación interactiva, con realidade aumentada, imaxes 360º... complementado cunha guía virtual, chamada Cali, que nos ofrecerá un tour informativo da zona.
(19.10.2018) Plan de ordenación e accesibilidade dos bens de interese cultural e turístico do Xurés
A través das subvencións a entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas no medio rural, os concellos de Lobios, Bande, Lobeira e Muíños realizaron unha agrupación de concellos co obxectivo de crear unha nova Ruta turística que poña en valor o patrimonio cultural e histórico da zona, ofrecendo ós visitantes unha alternativa aos produtos de turismo de natureza que ademais, se poida comercializar ó longo de todo o ano.
(12.10.2018) Vilameá e os Baños de Riocaldo comunicaranse por unha ciclovía
A cesión do camiño de servizo da estrada OU-312, por parte da Xunta de Galicia a favor do Concello de Lobios, permitirá desenvolver unha ciclo-vía termal.
Este proyecto unirá as localidades de Vilameá e Baños de Riocaldo, mediante unha eco-vía fomentando o turismo sostenible e respectuoso co medio ambiente, potenciando os recursos termais dos que goza o noso concello..
(26.09.2018) Encontro para a mellora das comunicacións transfronteirizas por estrada
Os alcaldes da Entrimo, Bande, Lobeira, Lobios e Muíños, por parte da Baixa Limia e os de Arcos de Valdevez, Ponche dá Barca e Melgaço pola parte portuguesa, reuníronse onte no balneario de Lobios, para acordar instar, aos organismos competentes, a mellorar a estrada nexo entre a provincia de Ourense e o municipio de Arcos de Valdevez.
Neste encontro, trataron tamén o interese de poñer en común actividades que dinamicen a zona e que poñan en valor o parque natural, un dos principais reclamos da zona.
(23.08.2018) Firmada a acta de recoñecemento da fronteira Lobios, Ponte da Barca, Arcos de Valdevez e Terras de Bouro
Onte, na Casa do Concello de Lobios, tivo lugar a firma do acta de recoñecemento da fronteira Lobios, Ponte da Barca, Arcos de Valdevez e Terras de Bouro.