(22.03.2017) Axudas a particulares para proxectos térmicos de biomasa.(IN421I)
- O obxecto destas subvencións é apoiar proxectos promovidos polos particulares e as súas agrupacións e asociacións con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible.
- Serán subvencionables:
a) O custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas).
b) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema.
c) O custo do sistema de almacenamento do combustible.
d) O custo do sistema de alimentación do combustible.
e) O custo de montaxe e conexionado.
f) O IVE, cando non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre IVE. - Prazo de presentación : 24/03/2017 - 24/04/2017.
- Ver Bases e solicitudes