Pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos

  • Publicadas as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, así como a convocatoria destas axudas para o ano 2017.
  • A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
    a) Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
    b) Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
    c) Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.
  • Prazo de presentación de solicitudes: Do 04/04/2017 ao 26/05/2017.

Máis información