O concurso "Cubre o teu pasaporte Galicia Natural e única" premia ao gañador cun paquete turístico "Experiencia no Xurés"

- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio pon en marcha o concurso Cubre o teu pasaporte Galicia Natural e única, co que se pretende promocionar o patrimonio natural e cultural da Comunidade galega a través das redes sociales.
- O concurso consiste en completar a totalidade de cuños que acrediten que os usuarios visitaron cada un dos sete parques de Galicia (os seis naturais: Fragas do Eume, Monte Aloia, Serra da Enciña da Lastra, Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, Baixa Limia- Serra do Xurés, O Invernadeiro e o Parque Nacional de Illas Atlánticas) e a primeira persoa que envíe a copia do mesmo, será o gañador do paquete turístico Experiencia no Xurés, co que poderá recorrer este zona en biciclera ou a pé, gozar das beiras do río Caldo, unha ruta pola contorna do Embalse de Salas, ou coñecer as aldeas escondidas do Xurés.
- Esta actividade é unha das iniciativas recollidas no Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia, que conta cun investimento de catro millóns de euros e contempla 29 actuacións específicas.
Máis información