"Bono coidado", Programa de axudas económicas a familias para a atención a domicilio de nenos/as menores de 3 anos (BS412A)

  • O "Bono coidado" consiste nunha axuda económica para familias con nenos e nenas menores de tres anos, que precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir as necesidades puntuais derivadas da conciliación.
  • É unha achega para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio nuns supostos determinados: enfermidade do/a menor, da persoa coidadora habitual, asistencia a entrevistas de traballo ou situacións laborais de carácter puntual que impidan a atención da nena ou neno polos membros da unidade familiar.
  • Pódense beneficiar desta axuda as persoas que teñan fillos ou fillas, tanto por natureza coma por adopción e as acolledoras de nenos/as menores de 3 anos (nacidos con posterioridade ao 31.12.2013 para a anualidade de 2016 e 31.12.2014 para a anualidade de 2017).
     
  • A presentación de solicitudes desta convocatoria remata o  30 de setembro de 2017.

Máis información na web de Política Social e no Portal de procedementos da Xunta de Galicia