Nova ruta de sendeirismo: Ruta dos Castelos

 

  • O pasado sábado quedou inaugurada a Ruta dos Castelos, un novo trazado de sendeirismo, desenvolvida por Axuge, a Asociación Xuresianos-Geresianos.
  • O presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices, e a alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez, acompañados dunhas de cincuenta persoas, non se quixeron perder a oportunidade de percorrer os oito quilómetros e medio da ruta, que transcurre por unha paisaxe de gran beleza.
  • Esta ruta, así como outras coas que conta o Xurés, resaltan o gran patrimonio natural co que contamos, atraendo para o seu goce, a veciños e foráneos.  

Ver noticia en La Región