Os cursos AFD de Lobios, alcanzan alta empregabilidade
- Co obxecto de proporcionar ás persoas desempregadas unha formación axustada ás necesidades do mercado laboral, o Concello de Lobios, levou a cabo o ano pasado dous cursos de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións.
- Estes cursos, que anteriormente requirían desprazarse a Ourense ou a outras localidades, realizáronse un ano máis, no noso propio concello, permitindo aos alumnos conciliar a súa vida diaria coa súa formación profesional.
- Case un ano despois, tras analizar a incidencia que tivo esta formación na inserción laboral dos alumnos, os resultados son moi satisfactorios, xa que atoparon emprego un 70% dos alumnos do curso de tarde, e un 60% dos alumnos do curso de mañá.
- Desde este concello, seguiremos traballando para traer programas que faciliten a inserción laboral de desempregados, poñendo o foco naqueles sectores estratéxicos que máis demanda o mercado actual.