Engádense tres novas rutas á oferta do Centro BTT Serra do Xurés

  • ​Tres novas rutas BTT, "Circular de Lobios”, “Minas das Sombras” e “Alto de Santa Eufemia”, suman 90 km máis  á rede coa que conta a Serra do Xurés, e que xa poden gozar os amantes da bici todo-terreo. 
  • Os novos trazados, discorren integramente polo municipio de Lobios, conectando coa rede Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, cun total de 238 quilómetros sinalizados, o segundo máis longo de Galicia.
     
  • Na inauguración, a directora de Turismo da Xunta de Galicia, destacou que "o feito de contar en Galicia cun circuíto deseñado especificamente para a utilización da bicicleta de montaña é froito da aposta do Goberno galego por desenvolver o turismo sostible e por incentivar a práctica deportiva como un novo xeito de coñecer o destino".
     
  • ​O Centro BTT Serra do Xurés, conta cun Punto de Información oficial no Hotel Balneario Lobios-Caldaria, que presta un servizo integral de descarga  de rutas, reparación e aluguer de bicicletas e equipamento, acompañamento por un guía local ou paquetes combinados de práctica de BTT  con circuítos termais, entre outros. 

 


Galería