Presentación da segunda edición de actividades do Coworking de Celanova

  • Acto de presentación da segunda edición de  actividades do Coworking de Celanova:​

 

Data de celebración: Martes, 9 de maio

Hora: 12:00

Lugar de celebración: Salón de plenos do concello de  Celanova

Localización: Plaza Maior, 1, 32800 Celanova, Ourense

 

Destinatarios: Persoas que contan cunha idea de negocio ou están pensando no inicio dun proxecto empresarial ou de emprendemento ou acaban de poñelo en marcha recentemente.

Obxectivo: Informar aos emprendedores, os autónomos, os axentes locais das comarcas de Terra de Celanova e da Baixa Limia, os alcaldes/as e concelleiros/as responsables da área de dinamización local,dos pormenores da iniciativa e recabar deles, ó mesmo tempo, información de posibles iniciativas de carácter económico ou empresarial que se estean poñendo en marcha nos seus municipios co fin de conseguir un número mínimo de proxectos que viabilicen a celebración desta segunda edición do coworking.

Participantes:
· Concello de Celanova: José Luís Ferro Iglesias (Alcalde)
· IGAPE: Guillermo Viña (xerente Igape Nova)
· EOI: Alfonso Martínez (Delegado territorial)
· Alcaldes das comarcas Terra de Celanova e Baixa Limia
· Técnicos de Emprego
· Orientadores laborais
· Axentes económicos das dúas comarcas

 

.