O Xurés no Día Europeo dos Parques Naturais

 

  • O 24 de maio é a data elixida para celebrar o Día Europeo dos Parques Naturais, en conmemoración da declaración do primeiro parque nacional europeo en Suecia , nese mesmo día do ano 1909.
     
  • A Xunta de Galicia súmase ás entidades que conforman a organización Europac, que, baixo o lema ‘Cambia o parque, cambia o clima’, propón unha serie de actos que promoven a importancia dos parques naturais na loita contra o cambio climático.
     
  • En Ourense, a súa Delegada Territorial, Marisol Díaz Mouteira inaugurou unha carpa informativa para poñer en valor e dar a coñecer á poboación,  a importante diversidade biolóxica e paisaxística dos tres parques naturais da provincia: o Xurés, O Invernadeiro e a Serra da Enciña da Lastra.
     
  • Outras  actividades que se desenvolverán co motivo da celebración do Día Europeo dos Parques Naturais, están charlas  en diferentes centros educativos e visitas dos alumnos aos propios parques, como a que fará, o vindeiro día 29 de maio, o CEIP de Lobios  ao Parque natural do Xurés. 

Galería