Bono CONCILIA: Aberto o prazo para solicitar as axudas para escolas infantís particulares. (Procedemento BS403A)

 

  • Convocatoria para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, para a atención educativa de nenas e nenos de 0 a 3 anos, nas modalidades establecidas no artigo 4.2, en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono Concilia (procedemento BS403A),  para o curso 2017/18.
     
  • A axuda consistirá nunha cantidade mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos por un período máximo de 11 meses.​
     
  • A contía da dita axuda estará en función da renda per cápita da unidade familiar e non poderá superar en ningún caso o custo da praza.
    ​​
  • Prazo de presentación de solicitudes: 25/05/2017 - 26/06/2017​

 

Máis información e solicitudes