Xurés Experiences 2017


 

 

  • Ata o mes de outubro, nunha paraxe tan atractiva como é a serra do Xurés, desenvolveranse unha serie  actividades lúdico deportivas que se converterán en experiencias únicas.
     
  • Andainas, Trail,  BTT, rutas  a cabalo, serán algunhas das propostas que unen a práctica deportiva co goce da natureza.
  • Un amplo calendario que é posible grazas á colaboración dos concellos de Lobios, Bande, Entrimo, Lobeira,  e Muiños, no que participan tamén, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia.
  • A presentación oficial do programa levarase a cabo o vindeiro día 2 de xuño na sede da Deputación de Ourense.