O Servizo de pediatría do verán quedará cuberto
- Ante as noticias que circulan por diferentes medios, facemos extensiva a comunicación do Sergas, ao respecto do servizo de pediatría durante o verán:
"Non hai intención alguna, por parte da Xerencia de Xestión Integrada do Sergas en Ourense, de reducir pediatras nin suprimir súa consulta semanal en Bande. Tanto os nenos de Bande, como os dos concellos da Baixa Limia e Celanova, teñen garantizada a asistencia pediátrica durante todo o verán sen interrupcións.A Unidade de Pediatría de referencia para estas bisbarras é a do Servizo de Atención Primaria de Celanova, con carácter comarcal e consultas de luns a venres durante todo o ano. Ademáis delo, un día por semana, un dos dous pediatras da unidade desprázase a Bande, atendendo directamente desde alí. Tamén estas consultas se manterán ao longo do verán, pese a limitada dispoñibilidade de especialistas para substituir as vacacións dos titulares, coa única excepción dos días 2 e 9 de agosto, que se atenderán en Celanova como ven sendo habitual ao longo de todo o ano, o resto de días da semana."