Ampliación do sinal de telefonía móbil nalgúns pobos do concello
- O Concello de Lobios, ten no seu ánimo de achegar a toda a poboación, o servizo de telefonía móbil, o que considera unha prioridade de máximo interese.
- Neste momento, os pobos de San Paio, Puxedo, Prencibe e Esperanzo, carecen dun servizo de calidade. Para poder proporcionarllo, dende o Concello, estase a traballar arreo xunto coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e Movistar, por lograr a mellor solución.
- Ata o momento, téñense estudado diferentes alternativas que están lonxe de ser viables, ben porque non chega a sinal a todos os puntos requiridos ou por outras causas dependentes de factores difíciles de emendar.
- A situación actual, é que hai unha posibilidade que se está estudando. Movistar indica que pode ser a solución máis óptima. Falta definir algunha das variables por parte da compañía subministradora, polo que estamos á espera do informe definitivo que axudará a tomar a decisión máis favorable para a veciñanza.
- En todo caso, a implantación deste servizo de telefonía móbil e internet, suporía un desembolso importante ás arcas do Concello, polo que xa estamos traballando para buscar a colaboración económica doutras administracións.