A Casa Niño de Lobios "Os paxariños do Xurés", seis meses permitindo a conciliación familiar.
-
Aberta en decembro do 2016, A Casa Niño de Lobios "Os paxariños do Xurés", conta con dez nenos repartidos en quendas de mañá e tarde.
-
Este servizo, permite ás familias a conciliación da súa vida familiar e laboral, evitando desprazamentos a garderías doutras localidades como viñan sendo Muíños ou Bande.
-
A instancias do Concello de Lobios, a Consellería de Política Social, levou a cabo o proxecto desta casa neno, un servizo onde atender aos menores de tres anos que a día de hoxe leva 6 meses de exitosa traxectoria.
Ler noticia en La Voz de Galicia