A Xunta de Galicia investirá, ao longo deste ano, case 500.000 euros no Parque Natural do Xurés
- Co obxecto de garantir a súa conservación e a valorización a Xunta de Galicia investirá este ano cerca de 500.000 euros no Parque Natural do Xurés.
- O investimento afectará a seis concellos do enclave do Xurés, sendo o de Lobios no que se realizará a maior inversión.
- A noticia, foi comunicada persoalmente pola Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, quen sinalou, durante na súa visita de onte ao concello de Lobios, que "este orzamento amosa o compromiso do Goberno galego pola conservación e promoción deste enclave".
- Entre os investimentos que se levarán a cabo no noso Concello están "a restauración do forno de Guende, no que se cambiará a cuberta, se mellorarán as fachadas e solados, farase unha nova instalación eléctrica e introducirase carpintería de madeira”. Ademais, adecuarase o punto de información do parque con nova ornamentación natural e o acondicionamento do pavimento.
Ler noticia na web xunta.gal
Ler noticia no diario La voz de Galicia
Ler noticia no diario La Región
Ver noticia en Telemiño