O Concello de Lobios estivo presente en Termatalia 2017


  • Un ano máis, o Concello de Lobios estivo presente en Termatalia, a única feira especializada a nivel mundial que reúne a profesionais de máis de vintecinco países.
  • A feira, ubicada no recinto de Expourense, que cumpriu este ano a súa 17ª edición, ofreceu a visitantes as últimas tendencias en termalismo, así como os lugares da nosa provincia, entre os que está Lobios,  que contan dunha extensa oferta de servizos orientados ao ocio e a saúde, coa auga termal e a natureza de ingredientes principais.