Lobios acolleu a primeira Xuntanza de Abelleiros da Baixa Limia

  • O pasado sábado, 7 de outubro, no local Multíusos do Concello de Lobios, celebrouse a Primeira Xuntanza de Abelleiros da Baixa Limia.
  • Os asistentes, máis de 50 apicultores, participaron en sesións de carácter técnico sobre tratamentos ou tipos de mel que se poden producir, entre outros temas. Tamén se profundou sobre o proxecto  "Destino Xurés", co que o  Concello  de Lobios pretende incrementar o turismo poñendo en valor os produtos autóctonos, estimulando con elo a economía local.

            Máis información


Galería