Reparación da N-540 ao seu paso por Lobios
- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), inicia as obras de reparación do firme da estrada N-540 entre Ourense e a fronteira portuguesa.
- Esta intervención beneficiará en gran medida ao Concello de Lobios, xa que se investirán 240.000 euros na rehabilitación do tramo entre o encoro das Conchas e o viaduto sobre o río Limia.
- No día de onte, estiveron revisando o inicio das obras na nosa contorna, a Delegada Territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira, e a Xefa Territorial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, Alicia López Míguez.