Así foi a Xornada de Sensibilización ambiental

  • O edificio Multiusos do noso concello, acolleu onte a xornada de Sensibilización Ambiental dirixida ao sector da hostalería.
  • A presentación, correu da man de Ovidio Fernández Ojea, Presidente da Asociación de Hostalería de Ourense, que fixo fincapé na importancia da optimización dos recursos e a hábil xestión dos residuos, nun sector cada vez máis concienciado nelo.
  • A formación desenvolveuse durante dúas horas, co seguinte programa:

    - Aforro enerxético
    - Aforro consumo auga
    - Redución do desperdicio alimentario
    - Xestión correcta de residuos e a reciclaxe

  • Os alumnos asistentes recibiron un diploma acreditativo de formación en Sensibilización Ambiental, que nun futuro pode ser esixible para traballar no sector hostaleiro.