Presentación da ruta de pinchos "Sabores do Xurés"


  • Entre os días 6 e 10 de decembro, establecementos de Lobios e Entrimo, participarán na ruta de pinchos "Sabores do Xurés, co protagonismo dos produtos da zona.
  • Hoxe, tivo lugar a presentación desta ruta de pinchos, na que os establecementos participantes, mostraron as súas propostas ante representantes, do Concello de Lobios e Entrimo, das asociacións que colaboran no evento e  do sector da hostalería. Estes foron: Carlos (Asociación Empresarios de Lobios), Domingo (cociñeiro Balneario de Lobios), Beatriz (Asociación Cultural de Entrimo), Mari Carmen (Alcaldesa de Lobios), Ramón (Alcalde de Entrimo), Montse (Directora de Caldaria), Javier (Restaurante Lusitano) e Cristina (Asociación Empresarios de Lobios).

Galería