O proxecto "Raia Termal", potenciará o turismo baseado na natureza e o termalismo

  • O Foro A Rexión, acolleu esta semana, a presentación do proxecto Raia  Temal, no que catro concellos da provincia de Ourense, Lobios, Bande, Cortegada e  Muíños e os municipios portugueses,   Melgaço e Terras  do  Bouro, se  alían co propósito de potenciar o turismo baseado na natureza e o termalismo.
  • Dentro do proxecto levarán a cabo distintas iniciativas:  labores de adecuación  ambiental, novas rutas de sendeirismo e  BTT, rehabilitación de piscinas termais, dotación de área para autocaravanas... No caso particular do noso concello, as accións para tomar  serán a creación dunha  ciclovía termal e un azud  desmontable no río Caldo durante a época estival.
  • Na súa intervención  a nosa alcaldesa, Mari Carmen Yáñez,  agradeceu a Deputación e a Confederación  Hidrográfica o seu apoio para potenciar o turismo e o termalismo na Baixa Limia e o norte de Portugal, e resaltou  que  "o individual non ten cabida se queremos ser un destino turístico, cada un ten moito que ofrecer, pero xuntos somos máis fortes e atractivos"