Tarxeta Benvida - Axuda para os nenos/as nados durante o 2018
- Esta axuda económica está destinada ás familias con nenas ou nenos nados durante o ano 2018, co fin de contribuír a sufragar os gastos derivados da súa crianza durante o primeiro ano de vida.
- Esta axuda instrumentalízase a través do cartón benvido, cuxo obxectivo é adquirir produtos básicos para a nena ou neno, como leite e outros alimentos infantís, cueiros, roupa, artigos de paseo e de viaxe, produtos de hixiene infantil ou produtos farmacéuticos; unicamente, poderá ser empregada en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecimentos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia
Acceso á web sobre o Programa de Axuda á Natalidade da Xunta de Galicia