Planificando novos proxectos de colaboración coa Deputación de Ourense
- No día de onte, recibimos a visita de José Manuel Baltar, Presidente da Deputación de Ourense. Xunto coa nosa Alcaldesa, Mari Carmen Yáñez, percorreu os terreos da futura residencia xeriátrica, a área de Riocaldo e a Porta de Lobios entre outros lugares da nosa contorna
- O encontro, serviu tamén, para abordar novas vías de colaboración para este 2018, con énfase nun novo proxecto que mellorará a área termal e turística do noso Concello.
Galería