Cimadevila de Grou xa conta coa súa praza rehabilitada.


 
  • Finalizaron as obras de mellora da praza de Cimadevila de  Grou, que conta xa cun novo pavimento e iluminación. Tamén se realizaron melloras estéticas e funcionais na fonte e o lavadoiro co seu  recubrimiento en pedra. 
     
  • Esta intervención, que contou coa colaboración da Xunta de Galicia, súmase ás anteriores realizadas nas prazas públicas das localidades de Lobios,  Puxedo e Pazos, facilitando a convivencia e relación veciñal, proporcionando un punto de encontro para o día a día, así como  un lugar idóneo para celebración de festas e eventos populares.
  • Nun futuro próximo seguirase actuando nesta liña en distintos emprazamentos do concello.