Cursos preparatorios para a obtención do CELGA

  • Convocatoria, con carácter gratuíto, dos cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4 (Procedemento ED104B).
  • Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.
  • Os cursos pódense realizar en modalidade de teleformación (Consultar os requisitos necesarios) ou presenciais, no caso de Ourense, serán en Ourense e Carballiño. (Consultar todos os lugares de impartición). 
  • Prazo de presentación de solicitudes: 07/02/2018 - 26/02/2018
  • Bases
  • Formulario de solicitude