Espazo COWORKING de Celanova e Terras da Limia
-
Dende o concello de Lobios, difundimos información de interese para emprendedores e/ou novos empresarios, facilitada polo espazo COWORKING de Celanova e Terras da Limia.
Como sabedes o espazo COWORKING trátase dunha iniciativa promovida polo IGAPE e a Escola de Organización industrial (EOI) que ten como obxectivos apoiar a emprendedores en calquera situación laboral tanto con novas ideas de negocio como en negocios xa constituídos para acelerar e optimizar o seu proxecto.
Para iso realizan dous tipos de actividades fundamentais:
1. Acompañamento individual: Por medio dun mentor que permite definir o modelo de negocio e facelo operativo mediante a realización de estudos ou Plans como: Plan de marketing, Plan financeiro… adaptándose aos horarios e necesidades de cada proxecto/persoa. Este acompañamento refórzase posteriormente con mentorizacións especialista definidas en exclusiva para cada proxecto: marketing dixital, financiamento, protección industrial, fiscalidade, etc.
2. Formación: Relacionada tanto co proxecto, aspectos básicos relacionados con emprender, como coas habilidades persoais.
Dispoñen ademais dun espazo de traballo para que os emprendedores e/ou novos empresarios poidan realizar uso del.Para máis información podedes poñervos en contacto con:
David CanoMentor residente, CW Celanova
Teléfono de contacto: 661.73.91.15
E-mail: cwcelanova@eoi.es