O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés estará regulado polo Plan Reitor de Usos e Xestión (PRUX)


  • A noticia foi confirmada por Ana María Díaz, Directora Xeral de Patrimonio Natural, na reunión que tivo lugar o pasado día 6 deste mes, en Lobios.
  • O actual Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do  Xurés, servirá como base a este novo documento, cuxa pretensión é conciliar a conservación do  medio natural coa  actividade tradicional e o desenvolvemento sustentable.