A Portaxe contará cun novo centro social
- Os veciños de A Portaxe, contarán cun novo centro social que estará situado na parroquia de San Martiño de Araúxo.
- O local, será de nova construción, ao non existir un que se puidese rehabilitar, tal e como se fixo noutras localidades do concello.
- As novas instalacións, que suporán un investimento de 35.900 euros, cuberto integramente pola Deputación de Ourense, cumprirán a demanda que veñen facendo os veciños de A Portaxe que contarán cun lugar para o seu esparcemento e encontro.