Máis colaboración institucional para a prevención do lume
- O pasado venres, día 6, a alcaldesa Mari Carmen Yáñez, reuníuse coa Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, para solicitar máis medios para a prevención contra o lume.
- A cita, que transcurríu na sede da Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela, permitirá reforzar a colaboración entre as dúas institucións, en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais.
- Colaboración que pretende evitar que se repita a vaga de lumes que asolou o pasado 2017, a contorna da Baixa Limia, e que afectou de maneira considerable ao noso concello.