Lobios asina un convenio para a renovación da instalación de iluminación exterior

Lobios asina un convenio para a renovación da instalación de iluminación exterior

  • A alcaldesa de Lobios, xunto cos alcaldes das comarcas de Terra de Celanova e Baixa Limia, asinou un convenio coa Deputación de Ourense, que permitirá a renovación da instalación de iluminación exterior do concello.
  • O proxecto englóbase no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, que aporta axudas a proxectos de entidades locais que estimulen unha economía baixa en carbono. 
  • O investimento ascende a 65.000 euros, e conta co cofinanciamento do FEDER (80%), da Deputación de Ourense (15%) e de cada un dos concellos (5%)