Información turística no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

 
  • Información turística no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

  • As "portas do Xurés", denominación das oficinas de información turística, abren hoxe as súas instalacións para dar información e atención aos visitantes que se acheguen ao Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés.
  • Os concellos de Lobios, Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, e Muiños, manterán aberta  a súa "porta" dende hoxe ata o 15 de setembro.
  • Esta é una das accións posibles  grazas ao proxecto "Gerês-Xurés Dinámico", incluido no programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020, e no que este concello está especialmente implicado, pois o turismo é un importante motor dinamizador da economía local.