Comuneiros e concellos unidos na procura de cambios no plan do Xurés

 
  • Os concellos de Lobios, Entrimo e  Muíños, únense ás reivindicacións dos comuneiros e apoian as súas propostas respecto ao novo plan que promove a Consellería do Medio Rural para o parque natural Baixa Limia-Serra  do  Xurés.
     
  • Entre outras, demándase a figura do director e órgano reitor do parque e que os fondos europeos cheguen á zona para acometer o seu desenvolvemento, sen que se deriven para outros fins.