A parroquia de San Martiño estrea local social

 

A parroquia de San Martiño estrea local social

Cunha concorrida festa de inauguración, os veciños de San Martiño, coñeceron  o seu novo punto de encontro  veciñal.

Unhas instalacións de nova construción onde poder realizar reunións,  actividades comunitarias, celebracións e  en definitiva, dinamizar a vida social dos seus veciños.

Desde o  Concello de Lobios, fixemos todos os esforzos necesarios para que este espazo, tan demandado, fose unha realidade e celebramos que San Martiño xa poida gozar del.