Firmada a acta de recoñecemento da fronteira Lobios, Ponte da Barca, Arcos de Valdevez e Terras de Bouro
- Onte, na Casa do Concello de Lobios, tivo lugar a firma do acta de recoñecemento da fronteira Lobios con Ponte da Barca, Arcos de Valdevez e Terras de Bouro,.
- A sesión, presidida pola nosa alcaldesa, Mari Carmen Yáñez, contou coa presenza do presidente da Cámara Municipal de Ponte da Barca, así como cos Presidentes das Cámaras Municipais de Arcos de Valdevez e Terras de Bouro, municipios todos eles do veciño Portugal.
- Este encontro, é un paso máis no propósito de reforzar a cooperación do desenvolvemento turístico do Parque natural da Peneda-Gerês-Xurés, un dos motores económicos da zona. Levaranse actuacións en común que promovan o turismo sustentable prevalecendo o mantemento do medio ambiente.
- Reunións como estas, permiten confraternizar e afrontar de maneira compartida os problemas que nos son análogos e tomar en común accións que melloren a nosa contorna.
Galería