Plan de ordenación e accesibilidade dos bens de interese cultural e turístico do Xurés

- A través das subvencións a entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas no medio rural, os concellos de Lobios, Bande, Lobeira e Muíños realizaron unha agrupación de concellos co obxectivo de crear unha nova Ruta turística que poña en valor o patrimonio cultural e histórico da zona, ofrecendo ós visitantes unha alternativa aos produtos de turismo de natureza que ademais, se poida comercializar ó longo de todo o ano.
- As actuacións deste proxecto teñen como obxectivo:
Mellora da sinalización de bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia, regulados na Lei 5/2016, do
patrimonio cultural de Galicia e de bens turísticos relevantes Facilitar o acceso das persoas con algún tipo de discapacidade sensorial ós bens integrantes do patrimonio cultural e turístico da zona, mediante a creación e adaptación de contidos na aplicación de promoción turística Destino Xurés
Instalación de paneis interpretativos incorporando contidos accesibles e adaptados ás novas tecnoloxías
Creación dun novo itinerario turístico interactivo que poña en valor a riqueza histórica, cultural e patrimonial do Xurés
- Ler memoria do proxecto
- Proxecto financiado pola Axencia de Turismo de Galicia
Galería