Despregamentos de redes ultrarrápidas de acceso a Internet


 
  • No núcleo poboacional de LOBIOS están en curso as actuacións que permitirán o acceso redes ultrarrápidas de acceso a Internet que a Xunta de Galicia, co Plan de Banda Larga 2020, e a Administración Xeral do Estado, co Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración, están a promover de xeito complementario.
     
  • Adicionalmente, en novembro de 2018 o Estado concedeu novas subvencións aos operadores, que permitirán servizos de acceso ultrarrápido a Internet nas seguintes entidades: GROU, TORNEIROS, VILAMEÁ, GANCEIROS e XENDIVE.
     
  • Así mesmo prevese que neste ano e nos seguintes, o Estado publique novas convocatorias de subvencións coas que os operadores poderán continuar co despregamento destas redes.
     
  • Subvencións para dotación de banda larga a autónomos e empresas

    Lembramos tamén que o DOG publicou o 9 de novembro de 2018 a convocatoria para a dotación de banda larga ultrarrápida a autónomos e empresas illadas de zonas do rural galego, enmarcada no Plan de Banda Larga 2020 da Xunta de Galicia, que ten aberto o prazo de presentación de solicitudes de subvencións ata o 31 de xaneiro de 2019. O principal requisito dos solicitantes é o de non dispoñer actualmente de cobertura de máis de 30Mbps ni previsión da mesma. Máis información en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181109/AnuncioG0177-311018-0002_gl.html