A Deputación de Ourense apoiará o proxecto de desenvolvemento da área termal de Rio Caldo
-
- Mari Carmen Yáñez, alcaldesa de Lobios e representantes da fundación San Rosendo-Caldaria, presentaron ao presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, un proxecto de rehabilitación e desenvolvemento da área de Rio Caldo, que porá a Lobios, nun lugar de referencia termal.
- As actuacións intervirán no acondicionamento da contorna e a creación de servizos tratamentos de balneario, creando un atractivo turístico máis que revitalizará a economía da zona.
- O orzamento desta iniciativa, que superará o 1.2 millóns de euros, será apoiado pola Deputación de Ourense, que ven facendo unha grande aposta polo ámbito termal da provincia de Ourense, coma un dos pilares do desenvolvemento económico e turístico da provincia.