Novos proxectos de mellora do concello
Novos proxectos de mellora do concello
- Mari Carmen Yañez, alcaldesa do noso concello, mantivo hoxe unha reunión coa Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e coa Delegada Territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira
- Neste encontro tratáronse proxectos que permitirán mellorar as comunicacións e accesibilidade do noso concello, potenciando as actividades ao aire libre: Travesía de Lobios, senda peonil de Bubaces-Torneiros e ciclovía Vilameá-Baños de Río Caldo, entre outros.