Próximas actuacións do proxecto Raia Termal
- A alcaldesa de Lobios, Mari Carmen Yáñez, e José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, asinaron onte un convenio de colaboración para realizar actuacións na contorna de Río Caldo.
- As obras contempladas neste acordo, inclúen una pasarela peonil que conectará as dúas beiras do río, unha ciclo vía entre a área termal e o roteiro de A Devesa e obras de saneamento das augas.
- O orzamento, que supera os 300.000 €, será xestionado pola Confederación Hidrográfica, asumindo propiamente o 25% dos custes e o 75%, aportado polo POCTEP de cooperación transfronteiriza.
- Estas intervencións e todas as que se engloban dentro do plan "Raia Termal, un destino dous países", teñen como finalidade poñer en valor os espazos naturais para fomentar o turismo e favorecer a actividade económica das poboacións limítrofes de España e Portugal.