Lobios pioneiro na defensa contra o lume forestal

 
  • O Concello de Lobios colaborará coa Xunta de Galicia, nunha iniciativa que contará coa implicación dos veciños para a prevención e defensa contra o lume forestal.  
  • Os detalles deste proxecto, pioneiro en Galicia, foron matizados na reunión que mantivo onte a nosa alcaldesa, Mari Carmen Yáñez, co conselleiro do Medio Rural, José González e o director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto.
  • Os veciños de Lobios, que veñen demostrando gran sensibilidade na conservación do medio natural, formarán parte activa neste proxecto, no que atinxe a labouras de vixiancia e aviso, así coma actuacións na prevención e loita, para as que recibirán formación específica.
  • Este plan, servirá de proxecto piloto, para posteriormente implantalo noutras demarcacións da nosa comunidade.