Lobios na Rede Provincial de Concellos Termais


 
  • Constituída a Rede Provincial de Concellos Termais, con quince municipos da provincia de Ourense, o noso entre eles.
  • A iniciativa, promovida pola Deputación de Ourense coa colaboración da Xunta de Galicia,   en palabras de Manuel Baltar "ten como obxecto  manter un diálogo fluído e participativo cos municipios que forman parte desta provincia e que teñen singularidade termal".
  • O pasado 29 de agosto, mantívose unha reunión forman de constitución da Rede, coa presenza dos representantes dos quince concellos que integran a Rede, (Arnoia, Bande, Boborás, Baños de Molgas, Cortegada, Cenlle, Castrelo de Miño, Carballiño, Leiro, Lobios, Monterrei, Muíños Ourense, Ribadavia e Verín), o Presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, a deputada provincial de Termalismo, Ana Villarino, o redactor do Plan Termal Provincial, Mario Crecente e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, quen informou sobre as liñas básicas do Proxecto de Lei de Usos Lúdicos das Augas Termais.
  • En palabras de Francisco Conde, este proxecto "Trátase, polo tanto, dunha oportunidade máis para continuar a crecer, para seguir xerando riqueza, fixando poboación no rural e promovendo o desenvolvemento económico e social de tódolos concellos que en Galicia e na provincia de Ourense desenvolven esta actividade termal".

Galería