O Consello Termal Ourensán, reúnese para avaliar as liñas do plan "Ourense, a provincia termal",


O Consello Termal Ourensán, reúnese para avaliar as liñas do plan "Ourense, a provincia termal"

 

  • No salón de plenos do Pazo Provincial de Ourense, celebrouse onte unha reunión do Consello Termal Ourensán, contando con la presencia de  Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense, Francisco Conde, conselleiro de Economía e  Mario Crecente, director técnico do Plan "Ourense, a provincia termal.
  • O Plan "Ourense, a provincia termal", desenrolado pola Deputación de Ourense conxuntamente coa Xunta de Galicia,  persegue a potenciación da provincia a través dos seus recursos termais, facendo fincapé en cinco aspectos básicos: a planificación, as infraestruturas, os produtos derivados, o coñecemento e a promoción.
  • ​​Son varias as accións que se teñen levado a cabo dentro do marco deste plan e que se repasaron neste encontro,  entre as que se poden destacar as intervencións nas infraestruturas dos balnearios de Cortegada e Caldas de Partovía, a introdución da viño-terapia en Punxín, ou no que atinxe ao noso concello, o proxecto "Raia Termal" e as eco-caldas.