Mellora da accesibilidade na contorna de Río Caldo

  • Mellora da accesibilidade na contorna de Río Caldo

  • Sendo a área de Río Caldo  unha das zonas turísticas emblemáticas do noso concello, estase actuando sobre ela para mellorar a súa accesibilidade, coa construción dunha rampla e eliminando outras  barreiras arquitectónicas.
  • Outra das actuacións que se está a levar a cabo  é o acondicionamento da  marxe dereita do propio río, deteriorada tralas crecidas..
  • Estas intervencións porán en valor un recurso turístico e termal do concello, moi frecuentado na época estival por veciños e visitantes.

Galería