EmprendOU, programa de axudas a emprendedores do rural

 

(15.10.2019) EmprendOU, programa de axudas a emprendedores do rural

  • emprenOU é un programa provincial de axudas ao emprendemento no rural,  xestionado pola Deputación de Ourense,
  • Para que unha empresa sexa subvencionable a través do Proxecto EmprendOu terá que darse de alta nun “municipio elixible”, sendo Lobios un deles.
  • Poderán ser persoas beneficiarias das axudas do Programa EmprendOu, aquelas que, a partir do 8 de Xaneiro de 2019, iniciaran  actividades empresariais ou profesionais por conta propia cumprindo cas seguintes características á data de alta:
    -Maiores de 16 anos e menores de 30, demandantes de emprego.
    -Empadroadas e que establezan o centro de traballo nun “municipio elixible”, neste caso Lobios.
    -Réxime da Seguridade Social por conta propia.
    -A subvención do Programa EmprendOu será dunha contía mensual equivalente ó 75% do Salario Mínimo Interprofesional, o que para 2019 significa 675 euros ó mes.

  • Toda a información e presentación de solicitudes está dispoñible na web https://www.emprendou.com