O GES de Lobios recibe un camión bomba


 
  • (09.12.2019) O GES de Lobios recibe un camión bomba
     

  • Coa finalidade de reforzar a atención das emerxencias na zona transfronteiriza e mellorar a calidade do servizo que reciben os cidadáns a ambos lados da fronteira,  Alfonso Rueda, Vicepresidente da Xunta de Galicia, acompañado da delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibidos pola nosa alcaldesa, Mari Carmen Yáñez, fixo entrega dun camión bomba ao Grupo de Emerxencias Supramunicipais do noso concello.
  • O vehículo está equipado cun depósito de 2.000 lts. e  todo o material necesario para facer unha primeira intervención en caso de lume.
  • Este investimento, de 213.000 €, enmárcase no proxecto de cooperación transfronteiriza ARIEM+, un espazo común en materia de emerxencias entre Galicia, Castela e León e o Norte de Portugal.

Galería