Lobios terá presenza en FITUR
- Como integrante do recén creado xeodestino Terra de Celanova-Serra do Xurés, Lobios estará presente en FITUR, (feira anual para os profesionais do turismo), que terá lugar en Madrid, os días 25 e 26 de este mes de xaneiro.
- Este novo xeodestino Terra de Celanova-Serra do Xurés, é unha aposta da Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e os catorce concellos que o integran, que son: A Bola, A Merca, Bande, Cartelle, Celanova, Entrimo, Gomesende, Lobeira, Lobios, Muíños, Padrenda, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.
- Este proxecto que se dará a coñecer en Fitur esta fin de semana, persegue promover o turismo, mostrando o rico patrimonio histórico, artístico, cultural, etnográfico, termal.... do noso territorio.
Galería