Comunicado respecto do servizo de AXUDA NO FOGAR


 

 

(14.03.2020) Comunicado respecto ao servizo de AXUDA NO FOGAR

  • Ante a situación actual provocada polo #Coronavirus poñemos en coñecemento que o Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Lobios, como prestación básica e imprescindible que é, continúa en activo.
     
  • Non podemos abandonar nestes delicados momentos ás persoas que máis nos precisan.
     
  • O persoal asistencial coñece de primeira man os protocolos pautados polas autoridades sanitarias e a Xunta de Galicia, para minimizar os riscos.
     
  • As persoas, con idade avanzada ou patoloxías previas, son os máis vulnerables á enfermidade provocada polo virus, polo que os usuarios do servizo con familia ou achegados que poidan axudalos nas súas necesidades básicas,  poden informar a este concello para suspender temporalmente a prestación que se lles ven dando e así reducir ao máximo o contacto con outras persoas. 
     
  • Reiteramos, continuaremos prestando o servizo de Axuda no Fogar, sempre atendendo aos protocolos que nos indique a Xunta de Galicia.
     
  • Tal e como se informou no día de onte, nas dependencias municipais, só se atenderán de xeito presencial casos de urxencia ou extrema necesidade e comunicados previamente por teléfono.
     
  • Calquera dúbida ou comentario pode ser comunicada ao concello no teléfono 988448000 ou no enderezo electrónico info@lobios.org.