Test para probas do Coronavirus entre a nosa poboación
-
- Durante os días de hoxe, mañá venres e o próximo luns, (días 23, 24 e 27 de abril), realizaranse test selectivos a unha listaxe concreta de persoas, enviados pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, para comprobar se existen contaxios de Coronavirus entre a nosa poboación.
- Estas probas son realizadas por personal sanitario do noso concello coa colaboración da Garda Civil e o GES de Lobios. Agradecemos a todos eles a súa implicación e bo facer.
- Ata o momento, lévanse realizado 12 test, e congratulámonos en dicir, que son todos negativos!!
- Para que esta tendencia continúe, non podemos baixar a guarda e debemos seguir sendo responsables como ata agora. Así que lembramos a importancia de quedar na casa para minimizar os riscos.
Grazas por colaborar!!
Galería