Escolas de empoderamento. Inscríbete!!
- Trátase dun espazo de encontro pensado para acoller, informar, axudar e orientar as mulleres en especial vulnerabilidade, ao longo de 20 obradoiros de entre 60 e 90 minutos de duración, a realizar durante os meses de agosto e setembro e parte de Outubro de 2020.
- Trátase de sesións nas que as participantes traballarán a súa autoestima, coa risa, o baile e a relaxación como principais antídotos para os problemas emocionais e do estado de ánimo.
- Trataremos tamén que as participantes recoñezan a importancia de coidar da súa saúde física e mental, incluíndo distintas charlas monográficas sobre prevención de distintas enfermidades e doenzas propias das mulleres.Incidiremos no coñecemento de ferramentas dixitais como recurso de de busca de información, realización de trámites, orientación, asesoramento e mesmo auxilio en momentos determinados.
- Irase informando das datas das diferentes sesións e actividades.
- Para participar, cubrir este formulario e entregar na Casa do Concello de Lobios ou enviar por correo electrónico a info@lobios.org
- Para máis información e inscricións, acudir á Casa do Concello ou chamar por teléfono ao 988448000
Nota do día 4/09/2020- Comunicamos a suspensión da sesión de Defensa Persoal do día 5 de setembro.
Nota do día 10/09/2020- Comunicamos a suspensión, ata novo aviso, do Obradoiro de Actividade Física e Defensa Persoal
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -
--- PREME NA SEGUINTE IMAXE E ACCEDE Á GUÍA DE ACTUACIÓN ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO DIXITAL ---
- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - -